HomeCulturaCancélase o Festival do Paradiso 2021

Cancélase o Festival do Paradiso 2021

Este ano era especial, décimo aniversario daquel 2011 no cal o escritor Lois Pereiro consagrouse na memoria colectiva a traveso das Letras Galegas dedicadas a súa persoa e obra. Este sería o seu Festival, aseguran desde a organización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A IX edición do Festival do Paradiso íase celebrar o once de setembro de 2021 coa colanpración do Ateneo Casino. A actual situación sanitaria en Monforte faino imposible. A incerteza da situación actual leva á organización a desistir por este ano.

Ante a imposibilidade de podelo realizar na data prevista, e a dúbida de podelo realizar nas condicións máis adecuadas no que queda de ano, desde a organización manifesta que “non seremos beneficiarios de calquera subvención que puidera ser concedida, sendo comunicada a nosa decisión aos organismos competentes, aos cales estamos agradecidos pola confianza depositada durante todos estes anos. A modo de suxestión propoñemos que eses cartos públicos se empreguen para fins sociais, plans de estímulo ao comercio local ou a actividades culturais que si poidan realizarse con máis garantías.”

O vindeiro ano o Festival do Paradiso cumpriría dez ano e agardan poder celebralo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...