HomeCulturaRéplicas de instrumentos medievais a exposición en Sarria

Réplicas de instrumentos medievais a exposición en Sarria

A mostra “A memoria do son” conta con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o seu paso polo Museo da Catedral de Compostela, onde recibiu máis de 55.000 visitantes, a mostra, froito dos traballos de investigación e recuperación que se desenvolveron desde o centro provincial a partir da iconografía medieval, chega a Sarria onde permanecerá ata o 30 de setembro.

A exposición, concebida para ampliar o coñecemento deste patrimomio musical, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en documentos literarios e históricos.

Os fondos instrumentais complétanse con melodías accesibles, a través de códigos QR, proporcionando a oportunidade de escoitar o son de cada un deles. Tamén inclúe propostas interactivas, como unha salterio no que as persoas visitantes poderán interpretar melodías de cantigas de Afondo X e Martín Códax. De cara ao público máis novo, ofrécense dous pasatempos -un crebacabezas e un encrucillado- que incorporan os contidos da exposición de forma lúcida.

O director da Colección de Instrumentos Musicais do Centrad e comisario do proxecto “A memoria do son”, Luciano Pérez, incidiu no carácter divulgativo da mostra, “accesible a todo tipo de públicos: non especialista, universitario, músicos, artesáns e investigadores. Aos docentes permítelles traballar diferentes competencias, desenvolvendo, á vez, sentimentos de pertenza e ao público escolar facilítalle unha serie de ferramentas moi útiles desde primaria ata a universidade, espertando, por outra parte, o pequeno investigador que todos levamos dentro.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...