HomeCulturaAs antigas e nostálxicas cancións sefardíes interpretadas por '2naFronteira'

As antigas e nostálxicas cancións sefardíes interpretadas por ‘2naFronteira’

O espectáculo preséntase baixo o título "A voz da pedra sefardí" e terá lugar o vindeiro xoves 16 de setembro ás 20:15 h no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto que ofrecerá a formación ‘2naFronteira’ forma parte das actividades que organiza o Concello de Monforte de Lemos arredor da ‘Xornada Europea da Cultura Xudía-Diálogos‘ e dentro tamén do 9º ciclo de Cultura no Camiño do Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do Edificio Multiusos –seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación– e as entradas repartiranse dende as 19:15 h. e a entrada ao salón de actos realizarase ás 19:50 h.

2naFronteira, “A voz da pedra sefardí

As antigas e nostálxicas cancións sefardíes, que tanto camiño levan andado por oriente e occidente, fan agora unha nova viaxe da man de 2naFronteira, que fan delas unha interpretación chea de sensibilidade e elegancia nun concerto variado, con cancións de amor, de berce, de voda…

A voz de Carmen Penim estará arroupada por Maurizio Polsinelli no piano e o harmonio, Miguel Paz na percusión e Carmen Gallego na nickelharpa e o violín.

2naFronteira leva máis dunha década interpretando este concerto “Cantos sefardíes de amor e vida” en festivais de cultura xudea, festas históricas e nas xuderías, como Ribadavia, Tui, Valença do Minho e en Italia. Chega agora a Monforte esta oportunidade de disfrutar cunhas melodías evocadoras e exóticas e ao mesmo tempo, familiares.

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...