HomeCultura"A maxia está nos libros" na Biblioteca Municipal de Monforte

“A maxia está nos libros” na Biblioteca Municipal de Monforte

Este é o espectáculo co que Mago Deimi chega a Monforte da man do ciclo "Ler conta moito" o xoves 23 de setembro ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte convida a un novo espectáculo de maxia, nesta ocasión dentro do ciclo ‘Ler conta moito’, iniciativa que impulsa economicamente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia

Baixo o título de “Mago Deimi: a maxia está nos libros” preséntase unha actividade de maxia na que os protagonistas son os libros. Haberá números de maxia sorprendentes para que os pequenos e pequenas entendan a lectura como unha experiencia máxica , chea de ilusión: aparición de moedas dentro de libros, libros que se colorean  por arte de maxia, carta debuxada con maxia nun bloc, peixe ilustrado que se converte en real, predición de libros que hai agochados pola Biblioteca, xornal que se rompe e recompón de novo, auga que desaparece dentro dun xornal…

Ao tempo que se entretén búscase un obxectivo: transmitir o valor dos libros e animar á lectura. “Ler lévanos a coñecer os ‘trucos da vida’, a lectura ‘fai desaparecer‘ a ignorancia e ler con constancia reforza o noso cerebro e favorece ‘o mentalismo‘. Resumindo: a lectura, a maxia e o humor fan o mundo mellor”, lémbranos Mago Deimi.

O espectáculo será o xoves 3 de setembro ás 18:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura e Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e está indicado para público familiar. As entradas daranse por orde de chegada ata completar o aforo permitido.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...