HomeCulturaA monfortina, María Rodríguez Macía, cede á cidade cadros da súa colección

A monfortina, María Rodríguez Macía, cede á cidade cadros da súa colección

Dª María Rodríguez Macía asiste á inauguración da exposición que donou ao Concello monfortino e que vén de ser presentada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha donación de 8 cadros ó Concello de Monforte efectuada por María Rodríguez Macía, pertencente á familia de Calderón. As 8 obras están ubicadas na zona de escaleiras principais de acceso á primeira planta da Casa do Concello,  e que quedarán alí expostas de xeito permanente.

“Dona María é filla de Monforte como ela mesma di, e naceu nesta cidade un 3 de agosto de 1920, e aínda que dende hai moitos anos vive en A Coruña, non esquece á “súa querida vila” e foi o seu desexo donar 8 pinturas da súa colección personal a este Concello, para que foran expostas co obxecto de ser contempladas polos monfortinos e monfortinas”, explicou o Alcalde.

Así, María Rodríguez viviu ata os 9 anos en Monforte de Lemos e posteriormente trasladouse a vivir á Coruña, nos anos 50, onde reside actualmente. A pesar delo, tivo a vontade de ceder á súa cidade os seguintes cadros:

  • Dous cadros corresponden a dun pintor descoñecido, de principios do século XX, e levan por título “Rosas” e “Jarrón de flores”.
  • Unha pintura, denominada “La Casona”, é do pintor José Antonio Tello.
  • Catro cadros son do pintor valenciano Antonio Huerta Blanco, cuxos títulos son “Arlequín”, “Mujeres en el jardín”, “Retrato de Primavera” e “Tarde en el río”.
  • E finalmente, o que é o cadro de que máis valor sentimental ten para Dª María, é o pintado pola pintora coruñesa Mª del Carmen Quiñoa Rodríguez, e que representa o retrato do avó de Dª María, D. Ramón Macía de Calderón.

Respecto deste último cadro, a familia pensa que puido ter sido Alcalde de Monforte durante a 1ª República, a finais do século XIX, “polo que os nosos técnicos de arquivo están investigando este dato a fin de identificar axeitadamente este cadro”, indicou o rexedor municipal.

Tomé Roca rematou agradecendo a “Dª María Rodríguez Macía a súa xenerosidade pola cesión desta colección de pinturas que dende hoxe permanecerá exposta neste Concello para o disfrute de todas as persoas que visiten a nosa Casa Consistorial”.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...