HomeCulturaEncontro literario de escritoras galegas nas bodegas de Vilachá de Salvadur

Encontro literario de escritoras galegas nas bodegas de Vilachá de Salvadur

As adegas milenarias de Vilachá de Salvadur acollerán a escritoras galegas o vindeiro sábado 30 de outubro baixo o proxecto “Os recunchos das verbas”.

Publicado o

- Advertisement -

Baixo o lema “Ir facendo camiño aínda que sexa paseniño”, as organizadoras, María Vázquez, Begoña Fernández Quelle e Mar López Sotelo, presentarán o proxecto “Os recunchos das verbas” contando coa  xenerosa colaboración de Puri Díaz Ferreiro, adegueira de Val do Frade, D.O Ribeira Sacra, e  defensora do patrimonio cultural de Vilachá de Salvadur

Este proxecto nace co obxectivo de realizar encontros literarios con mulleres escritoras para, de forma itinerante, recorrer os diferentes lugares de xeografía española, deixando as súas pegadas para os que as queiran seguir.

O grupo, aberto a novas incorporacións, está formado por mulleres unidas por unha paixón común: A escrita.

Este será o primeiro de máis encontros que se sucederán en distintos puntos  de Galicia. A idea é que en cada lugar abra o acto literario unha escritora vinculada a esa contorna xeográfica, sendo a embaixadora cultural para este primeiro encontro de Vilachá de Salvadur Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2019.

ESCRITORAS PARTICIPANTES E DETALLES DO ACTO

As outras voces literarias que acompañarán á poeta da Pobra do Brollón no recorrido por diferentes “recunchos” onde cada participante disporá dun espazo para expresar a súa creación literaria serán: Moncha Prieto, Ana Rey Gay, Puri Díaz Ferreiro, Ana Vila Portomeñe (A poeta labrega), María Luisa Pereiro (A fiandeira das Verbas), Matilde Ávila Garcia, Nieves Férnandez Vidueira (a poeta gandeira), Emilia Cereijo, Manuela Vicente Fernández, Mercedes Marcos, Blanca Villar Vilariño, Visi Ferreño (presidenta de la Asociación “A Caracocha” de mujeres rurales de Montederramo), Paula Vázquez Verao de “A Libraría da Proencia” e Ana María Gamallo.

O acto terá lugar o sábado 30 de outubro entre as 12:00 e as 17:00 h. e retransmitirá o mesmo, en directo a través das Redes Sociais, Rafa Aguiar, de Radio Monforte.

A entrada será libre e sen limitacións de aforo, recomendándose manter as medidas de protección e o uso de máscara.

Para os que queiran pasar todo o día coas escritoras poden apuntarse ao xantar no teléfono 616 24 32 50, ata o día 27 de outubro.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...