HomeCultura"Interritmos: Sons do rural" finaliza este venres en Bóveda con Susana Seivane

“Interritmos: Sons do rural” finaliza este venres en Bóveda con Susana Seivane

Os GDR Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel colaboran en rede no concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial e dar visibilidade a grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o desenvolvemento de INTERRITMOS primeiro tivo lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as os/as participantes, un xurado profesional seleccionou seis finalistas que participaron nun encontro musical, o 25 de setembro no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. Neste encontro musical, a través dunha actuación en directo, foron seleccionados dous grupos/artistas gañadores, que realizaron un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados.

No territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel leváronse a cabo dúas xornadas, a primeira o 8 de outubro na Aldea de Trascastro (O Incio), e a segunda que se celebrou o día 9 de outubro en Vilachá de Salvadur (A Pobra Do Brollón). Todas as actuacións estiveron acompañadas da celebración de coloquios e charlas sobre distintos aspectos da evolución da industria cultural e da música tradicional.

Agora Interritmos Sons Do Rural pon punto e final no territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel cunha xornada que leva por título “Encaixes e co-protagonismo da música tradicional / de raíz nos espazos da festa” que contará con Susana Seivane como relatora. A xornada terá lugar o venres 29 de outubro, a partir das 18.30h, na Praza da Filgueira, detrás da casa do concello de Bóveda. A xornada completarase coas actuacións do Grupo de Gaitas O Recanto de Quiroga e a Banda de Folk de Ribas de Sil 3.0 para finalizar cun magosto. O aforo é limitado sendo necesaria previa inscrición no seguinte email: info@ribeirasacracourel.es

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...