HomeCultura“As tres solteironas” este sábado no Saviñao

“As tres solteironas” este sábado no Saviñao

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para este sábado, 30 de outubro, en colaboración co Círculo Saviñao a obra “As tres solteironas”, da Asociación Cultural Abrente. A cita no Auditorio Municipal de Escairón ás 19:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As tres solteironas” é unha comedia ambientada nos anos 50 que caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos, cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata una meiga e un enxame de abellas. Unha representación satirizada dos costumes e formas de ver a vida na sociedade rural dos anos 50.

A obra, escrita polo párroco Anxo Eiriz, conta cun elenco de 13 actrices e actores da Asociación Cultural Abrente. Unha agrupación fundada no 2008 no concello de As Nogais, na que se imparten distintas actividades vencelladas á música tradicional, e que no ano 2016 decide crear este grupo de teatro, que leva participando no Circuíto da Deputación desde hai xa tres anos. Co teatro costumista por bandeira, desenvolven a súa actividade “cunha aula de persoas adultas e outra para os máis cativos, de tres anos en adiante, porque neste pobo xa había tradición de facer teatro e nós queremos continuala”.

Circuíto de Teatro Afeccionado

Nesta nova edición do circuíto 2021 participan dezanove compañías –catro máis que o ano pasado- ofrecendo as súas representacións co apoio da Vicepresidencia da Deputación, que dá continuidade ao programa Buxiganga con esta nova fórmula adaptada á situación de pandemia.

Xunto á Asociación Cultural Abrente (As Nogais), participan outros colectivos da provincia entre os que están na zona sur, Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...