HomeCulturaEscolapios de Monforte gaña o I Concurso Ciberseguridade no Cole

Escolapios de Monforte gaña o I Concurso Ciberseguridade no Cole

Esta foi a primeria edición dun concurso promovido por Telefónica para colexios de toda Galicia e desenvolvido en Santiago no encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Houbo unha primeira fase de clasificación o día 4 de novembro mediante unha competición en liña entre todos os grupos dos colexios interesados. Os Escolapios estableceu un grupo de traballo de 13 alumnos/as de 2º de ESO que traballaron de xeito voluntario fóra do horario escolar.

A final disputouse de xeito presencial o día 10 na Cidade da Cultura de Santiago, podendo asistir dous alumnos representantes de cada colexio. Os alumnos seleccionados no centro monfortino foron David Vila Miranda e Silvia López Escrich.

Os contidos traballados por este grupo integraranse ao proxecto que se desenvolverá, como cada ano no 2º trimestre sobre o manexo responsable de Internet, dentro da materia de tecnoloxía de 2º de ESO.

Escolapios Ciberseguridade no Cole / Escolapios

ÚLTIMAS

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...