InicioCultura"A todo risco" este xoves na casa da cultura de Monforte

“A todo risco” este xoves na casa da cultura de Monforte

Este xoves, 25 de novembro, ás 20:15 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ponse en escea, A todo Risco a cargo de Avelino González.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte xunto coa Fundación Vicente Risco colaboran para que este actor, contador de historias, tradutor, autor e director de escena represente esta obra na Casa da Cultura de Monforte, que está dirixida a todos os públicos.

Avelino González ten na súa traxectoria profesional premios como:

  • Premio Max ó mellor autor en galego
  • Premios María Casares ó mellor texto orixinal
  • Premio María Casares ó mellor texto traducido
  • Premio Compostela ó mellor espectáculo
  • Premio do Público de Alicante e Premio Compostela mellor actor secundario (compartido) por distintos espectáculos.

A entrada é gratuíta, a capacidade do salón de actos a determinará a normativa sanitaria que estea operativa no momento da realización do espectáculo. A entrega de entradas farase dende unha hora antes da actuación, ás 19:15 h, e a entrada ó salón de actos realizarase ás 20:00 h.

A todo Risco é un espectáculo no que se percorre a vida e obra de Vicente Risco, un dos persoeiros centrais da Xeración Nós e director literario da revista Nós.

Falar de Risco non é só falar de Risco, nin sequera falar só da Xeración Nós, é tamén falar de nós: de vostede e de ti. Dos soños que nos ilusionan e dos prexuízos que nos pechan o mundo. A Xeración Nós era xente coma nós: soñadora e tamén medorenta. Combateron o medo coa ilusión que lles deu o coñecemento, combateron a desilusión coa curiosidade. E Vicente Risco foi unha persoa moi curiosa (en todos os sentidos da palabra), coma nós. “A todo Risco” fala de todo isto e, a pesar dos tempos, danos ferramentas para combater os prexuízos e motivos para manter a ilusión.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, será Insubmisión da compañía Teatro del Andamio que terá lugar o xoves, 2 de decembro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...