HomeCulturaExposición de ‘Mail Art’ en Sarria

Exposición de ‘Mail Art’ en Sarria

A Antiga Prisión Preventiva desta vila acolle unha mostra de obras produto do intercambio artístico realizado a través dos servizos postais. Pódese visitar ata o 17 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O “Mail Art” ou arte postal é unha forma de expresión artística que consiste na total liberdade de intercambio de calquera documento ou obxecto artístico que poida circular a través dos servizos postais e que ten como único obxectivo a comunicación.

Correos pretende poñer en valor as obras de arte postal e difundir no noso país esta corrente artística internacional que naceu nos anos 50 para establecer correntes de comunicación alternativas aos circuítos oficiais de arte.

A mostra, “Mail Art. Camiño de Santiago”, pódese visitar ata o 17 de decembro na Antiga Prisión Preventiva, Oficina Municipal de Turismo de Sarria, en horario de 9:00 a 14:00 h. Para concertar outros horarios pódese chamar aos teléfonos 982 535000 e 982 530668.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...