HomeCultura"Insu-misión" o día 2 no Multiusos de Monforte

“Insu-misión” o día 2 no Multiusos de Monforte

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continua en Monforte de Lemos este xoves, 2 de decembro, ás 20:15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da quinta obra correspondente a este ciclo, Insu-misión, a cargo da compañía Teatro do Andamio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este espectáculo foi Premio Nacional de Teatro “Castelló a escena 2006”. O prezo da entrada xeral para esta obra é de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación ás 19:15 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 20:00 h.

Insu-misión fala da violencia que se xera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflito: a intimidade da parella. O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explicitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente… A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario. A segunda é que Insubmisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, prantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.

ÚLTIMAS

Completa programación para a X edición da Feira Guímara

A Feira Guímara deste 2025 arrincará ás 12:00 horas co pregón a cargo de Belén...

A conciencia social e a provocación de Antón Valcarce seguirán latexando

Este mércores faleceu aos 73 anos de idade o escritor e cantautor monfortino, Antón...

O IES A Pinguela renova a dereito de uso do Selo Vida Saudable

Por Orde ECD/2475/2015, do 19 de novembro, créase o distintivo de calidade de centros...

Opinión: Pura fantasía!

Desde pequeno gardo unha relación especial co celuloide. Foi co meu irmán Lois ,ao...