HomeCultura“A lúa vai encuberta”, unha extraordinaria peza teatral para ver en Sarria

“A lúa vai encuberta”, unha extraordinaria peza teatral para ver en Sarria

A peza gañadora do II Certame Manuel María de Producións Teatrais, e que conta coa participación na montaxe da Casa-Museo do escritor, representarase este domingo 5 de decembro na Casa da Cultura de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A lúa vai encuberta”, coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, chega esta fin de semana á vila de Sarria. Concretamente á Casa da Cultura o domingo 5 de decembro ás 19:30 h.

A peza, dirixida por Tito Asorey, conta coa dramaturxia de Vanesa Sotelo e foi gañadora do II Certame Manuel María de Producións Teatrais.

SINOPSE, ELENCO E PRODUCIÓN

A lúa vai encuberta‘ céntrase na realidade galega e na loita incesante por conformar unha identidade propia. Nesa andaina ideolóxica atopamos o enfrontamento co noso pasado recente e as súas contradicións e tamén un discurso moitas veces silenciado que explica as razóns de porque o noso país ten trazos políticos, económicos e sociais de seu.

Mesturando as formas de teatro popular como a farsa e o musical con formas contemporáneas como o audiovisual e o teatro documento, a peza propón unha posta en escena dinámica, que ten como motor a recuperación e a reactivación da memoria para tomar conciencia crítica da realidade.

Partindo da mirada coa que Manuel María selecciona e ordena pasaxes da nosa historia para levar a nosa atención tanto sobre as forzas activas como as que foron ocultadas, a intención do proxecto é a de cuestionar o relato adquirido para, desde a experiencia vital, revisar os prexuízos, os tabús e os silencios que aínda prevalecen.

Conta con Tito Asorey, Melania Cruz, Davide González e Vanesa Sotelo como intérpretes. Tito Asorey tamén na dirección e Vanesa Sotelo na autoría da dramaturxia. Completan o equipo artístico Carlos Alonso, responsable do espazo escénico e vestiario; Laura Iturralde, da iluminación, e Davide González, da sonoplastia.

Xunto ao CDG, participan tamén na produción desta montaxe as Compañías devanditas, a Casa Museo Manuel María, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas a Deputación de Lugo –Área de Cultura– e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...