HomeCulturaMonforte comeza o mes de setembro apostando pola cultura

Monforte comeza o mes de setembro apostando pola cultura

Publicado o

- Advertisement -

O luns 3 de setembro, Monforte vivirá unha xornada marcada pola actividade cultural.

Por unha banda, ás 11:15 horas, na Sala de Xuntas do Concello, presentarase o libro “La Gran Obra de la Ribeira Sacra“; unha obra composta de 2 volumenes ilustrados por Antón Rodicio. Ó acto de presentación tamén asistirán Dario Campos, presidente da Deputación de Lugo, Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules Edicións e José Tomé Roca, alcalde de Monforte.

E pola outra, a fotógrafa Rocío Rodríguez “Peruchela”, estreará a súa mostra fotográfica “Oficios e ferramentas II” na Casa da Cultura de Monforte en horario ininterrompido de 10 a 20:00 h. de luns a venres. A mostra, na súa segunda edición, amosa os diferentes oficios da Galicia rural co obxectivo de rescatar do esquecemento as antigas profesións da zona como foron a de resiñeiro, silleiro, albardeiro ou telleiro e oficios entrañables como os cocheiros, cesteiros, zoqueiros ou alambiqueiros. Os interesados/as en gozar do pasado galego teñen ata o vindeiro 17 de setembro para lembrar os antiguos oficios do rural e o venres 7 ás 19.00 h. a propia autora fará unha visita guiada.

 

ÚLTIMAS

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...