No IES A Pinguela cotan cun novo mural que veñen de realizar os alumnos de 2º ESO en base a deseños do alumnado de 1º e 3º ESO. Estiveron dirixidos polo artista gráfico Daniel Brey, de nome artístico Doc Toy (https://www.facebook.com/doc.toy.10 ), quen tamén fixo os remates, coa colaboración de Pablo Castiñeira, do colectivo Vella Escola (https://www.facebook.com/vellaescola.cultura.urbana/ ), e coa promoción de Afundación, Obra Social Abanca, representada por Marta Gefaella, que puxo en marcha este curso escolar “Plantando árboles con pinceles”, un proxecto pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización nos centros de ensino de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente.
Plantando árbores con pinceis
O alumnado de primeiro da ESO do IES A Pingela vén de participar en sendos Talleres de pintado de bolsas de tea “Plantando Árbores con Pinceis” que impartiron Pablo Castiñeira, da asociación Vella Escola, co apoio de Marta Gefaell, de Afundación Obra Social Abanca, entidade que promove e financia a actividade.
Este proxecto escolar innovador ten como obxectivo achegar ao estudiantado unha mensaxe positiva sobre o coidado do medio ambiente,
propoñendo alternativas de lecer que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa.
As pinturas fotocatalíticas anticontaminación son unhas pinturas que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado.