HomeCulturaNadal en igualdade e visita dos Reis Magos en Bóveda

Nadal en igualdade e visita dos Reis Magos en Bóveda

O Concello de Bóveda presenta a súa programación de Nadal con actividades para todos os públicos e a visita dos Reis Magos. Haberá un campamento para nenos e nenas con dez prazas que dará comezo o día 22 e no que é preciso inscribirse previamente. Tamén se organizan actividades para nenos e adultos a partir do 23 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 22 de decembro ao 4 de xaneiro haberá actividade infantís, cine e obradoiros para nenos e nenas a partir dos seis anos desde as 09:00 ás 14:00 horas.

Os días 23, 27, 29 e 4 terá lugar o campamento ‘Nadal en Igualdade’ con dez prazas que se cubrirán por orde de inscrición chamando ao teléfono 982 42 61 77 e que contará coas seguintes actividades:

  • 23 de decembro. ‘Mulleres pintoras’. Actividade orientada a visibilizar as obras de pintoras como Georgia O’Keeffe, Maruxa Mallo, Menchu Lamas ou Remedios Varo identificando os seus estilos pictóricos, coñecendo as súas obras e realizando un exercicio práctico de pintura cooperativa.
  • 27 de decembro. ‘Daniela Pirata’. Daniela Pirata é un conto que se fai eco da necesidade de cambio na sociedade. O conto preséntase como unha posta en escena (teatro) das probas que ten que ir superando para ser mariñeira.
  • 29 de decembro. ‘A Historia en feminino’. A través de contos, curiosidades e xogos tentamos visibilizar ás mulleres e achegar referentes para apoderalas e que teñan unha visión máis real da Historia.
  • 4 de xaneiro. ‘Iguais e diferentes’. Espectáculo cociñado con maxia, contos e moitas sorpresas.

A maiores, os días 22, 28, 30 de decembro e 3 de xaneiro ás 11:00 horas haberá proxeccións de películas para educar en valores. O día 26 de decembro ás 18:00 horas haberá un concerto a cargo de ‘Tátara Trío’.

E o mércores día 5 ás 18:00 horas os Reis Magos de Oriente visitarán o Concello de Bóveda. Para poder participar na recepción será preciso inscribirse previamente. Todas as actividades se van desenvolver no Centro Sociocultural, agás a visita dos Magos de Oriente, que terá lugar na Casa Consistorial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...