HomeCulturaMúsica de cine o día 21 en Monforte coa Orquestra Gaos

Música de cine o día 21 en Monforte coa Orquestra Gaos

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza, en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos, un concerto da Orquestra Gaos, unha formación de 80 músicos de toda Galicia, que este martes, 21 de decembro, interpretará no Edificio Multiusos a partir das 20.30 un repertorio de pezas de bandas sonoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No programa, baixo o título “Música de cine”, figuran composicións de John Williams para “Jurassic Park” , “Indiana Jones”, “Star Wars”  “A lista de Schindler ou “Harry Potter e a pedra filosofal”; de Alan Silvestri para “The Avengers” e “Regreso ao futuro”; ou de Howard Shore para “O señor dos aneis”, entre outras. A actuación será ás 20.30 horas no auditorio do Edificio de Usos Múltiples de Monforte de Lemos.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, explicou que “este concerto da continuidade ao apoio e colaboración que desde a área de Cultura vimos mantendo coa Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos” e valorou o interese desta actividade “para o público, que desfrutará do talento de músicos excepcionais, e para as e os intérpretes, que teñen a oportunidade de despregar o seu talento e amosar o resultados dos moitos anos de formación que hai detrás da maioría deles”. A Vicepresidencia da Deputación contribúe, con achegas anuais, ao funcionamento dos conservatorios de Monforte, Vilalba e Monforte.

A Orquestra Gaos nace en abril de 2009 e está formada por 80 músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos conservatorios galegos, cos que desenvolve unha importante actividade concertística. Desde a súa creación ofrece máis dun cento de concertos e participan como solistas máis de medio cento de músicos galegos cunha importante traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada carreira.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....