HomeCulturaConcerto de saxos de Rhea Quartet o día 12 en Sober

Concerto de saxos de Rhea Quartet o día 12 en Sober

No concerto que terá lugar no centro sociocultural ás 19.00h interpretarse o programa ‘Terra’ que reivindica a importancia de coidar aquilo que nos dá a vida e que nos permite respirar a través de dúas viaxes por algúns dos lugares máis recónditos do noso planeta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado día 12 un concerto do ‘Rhea Quartet’, formado polos intérpretes Pablo Fernández Baladrón, saxofón soprano; Iris Guzmán Godia, saxofón alto; Luís Garvía Cabañas, saxofón tenor e Jaime Serrano Fernández, saxofón barítono.

Esta proposta musical promove o intercambio cultural e a responsabilidade do ser humano por coidar a nosa contorna en lugar de seguir tratando de someter á natureza aos nosos desexos e necesidades materiais.

Por unha banda, preséntase a viaxe do compositor Guillermo Lago e, por outra, a viaxe do personaxe Klim na obra do dramaturgo Ludvig  Holberg. Como  interludio entre ambas as suites, preséntase a música  Klemzer, sobre a que Alexis  Ciesla compón a súa obra para cuarteto de  saxofóns “Rhapsodish”.

A madurez das súas propostas, a espontaneidade, a innovación e o rigor son os aspectos máis valorados polo público e a prensa especializada. Formado por personalidades musicais diferentes, configuran unha identidade cunha linguaxe propia onde convidan ao oínte a unirse como quinto elemento no discurso musical.

Apostan por contribuír á divulgación da cultura desde a música de cámara, en toda a súa variedade e estilos, e traballan man a man con compositores de música de nova creación.

Foron galardoados a nivel nacional e internacional, destacando os seus premios en Bydgoszcz Chamber Music Competition, Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Certame ‘Pedro Bote’, Concurso ‘Antón García Abril’ ou Certame ‘Jacobo Soto  Carmona’.

A súa sólida formación aválaos, contando cos consellos de Cuarteto Quiroga, Cuarteto  Casals,  Kuss  Quartet,  Heime  Müller,  Márta  Gulyás, Rita  Wagner, Kennedy Moretti, Pedro Pablo Cámara, Noelia  Rodiles,  André Cebrián e  Ona  Cardona, entre outros.  Compaxinan o seu labor concertístico cun activo compromiso pedagóxico, sendo docentes en  renomeados centros de educación musical. Desde 2019 son embaixadores das marcas Selmer ParísVandoren Fran- ce.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...