HomeCulturaSeis novas bandas únense ao cartel do Esmorga Fest

Seis novas bandas únense ao cartel do Esmorga Fest

A cita que reunirá a todos os amantes da música indie e underground o 1 e 2 de abril en Sarria, suma seis novos nomes ao seu cartel, que conta co selo de calidade de SON Estrella Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cala Vento, a súa música caracterízase pola súa forza e intensidade emocional. Tras publicar trinta e oito cancións en varios formatos e despois de varias xiras ao longo e ancho de España e México, actuarán en Sarria nesta nova edición do Esmorga Fest.

As Pilipilinpussies veñen a esta nova edición cun coctel sonoro cheo de rolo O- Fi. Algo de Sleater- Kinney, algo de Bikini Kill, pero máis chill. Garage-pop con actitude post-punk.

Marta Knight ofrecerá a proximidade dunhas pezas que falan coa complicidade de quen coñeces de toda a vida. Unha puntería melódica e o irresistible dos seus ganchos evidencian que estamos ante un talento fóra do común.

Dharmacide é un grupo de shoegaze/ dreampop de Madrid. Despois de varios singles e de actuar en París (Supersonic), Berlín (8MM Club) e no New Colossus Festival, é a quenda agora de Esmorga Fest.

Con Boneflower e Le Temps Du Loup gozarase dunha intensidade que non pode faltar en ningunha das edicións do Festival. Boneflower nútrense desde o post- hardcore ata o post-rock, Lle Temps Du Loup xogan con pinceladas de metal, rock, stoner ou doom ..

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...