HomeCulturaO libro de Alejandro Viana, o "Schindler galego" preséntase no Ateneo de...

O libro de Alejandro Viana, o “Schindler galego” preséntase no Ateneo de Monforte o día 12

O avogado e politólogo Roberto Mera Covas presenta este sábado, 12 de febreiro, no Ateneo Casino de Monforte o seu libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" (Belagua Ediciones).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Roberto Mera constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaseis últimos anos da vida de Alejandro Viana, deputado republicano e tío bisavó de Roberto Mera. Viana fuxiu a Francia e arriscou a súa vida para salvar a decenas de miles de refuxiados republicanos, feito polo que se lle coñece como o ‘Schindler’ galego.

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois
devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. A intervención de
Alejandro Viana foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o comezo da guerra civil española.

En 1941, acosado pola Falanxe e a Gestapo, Viana emprendeu unha
desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África,
logrou chegar a México, onde viviu ata o seu falecemento en 1952.

Acompañarán ao autor, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde de Monforte, Severino Rodríguez.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...