HomeCulturaProgramación lúdica e cultural en Quiroga para o primeiro semestre

Programación lúdica e cultural en Quiroga para o primeiro semestre

Actividades lúdicas, deportivas e culturais que nos últimos anos non se puideron realizar por mor da pandemia sanitaria, tentarán novamente nestes meses levalas a cabo dende o concello, sempre que as condicións sanitarias o permitan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación de actividades infantís contarase co obradoiro de cociña Mini Chef, haberá Ludoteca Municipal, certames de narración e debuxo das Letras Galegas ou un concurso de debuxo sobre a feira do Viño. Nas actividades específicas para os maiores no Centro Social haberá xornadas de bingo e ximnasia de mantemento. Prográmanse tamén exposicións, teatros, contacontos, clases de música ou os cursos de tecido en tear e os cantos de taberna que se retoman despois de dous anos de pandemia.

Entre as novidades organízase un obradoiro da técnica de Pedra Seca, organizado polo Xacobeo 2021-2022 e a Acción Cultural en colaboración co Concello de Quiroga. A pandemia tamén trouxo outras actividades que agora se manteñen como as andainas polo val de Quiroga que dada a súa aceptación continuarán a desenvolverse nestes meses de primavera. No eido deportivo tamén seguen impartíndose as escolas deportivas de fútbol sala e voleibol e os días 7 e 8 de maio desenvolverase o Quiroga Trail de Challenge.

Destacan as festas de Entroido a finais deste mes de febreiro e o día 8 de marzo, día Internacional da Muller. Por suposto, a celebración os días 16 e 17 da XL Feira do Viño con todos os actos que  conleva: concurso Quiroga de Tapas, carreira popular ou concurso de camisetas; e xa para maio, a Mostra do Aceite.

A maiores hai actividades que non están organizadas dende o concello pero con colaboración no seu desenvolvemento como son os cursos de estimulación congnitiva ou as clases de baile rexional, gaita e pandeireta, adestramento persoal, pilates ou zumba.

Todas as actividades propostas, que xa están recollidas nun folleto a disposición de todos os veciños e veciñas, pódense levar a cabo cumprindo as medidas sanitarias vixentes nestes momentos, non obstante todas elas están suxeitas a cambios ou supresión se as normas sanitarias así o aconsellan.

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...