HomeCulturaDous Goya para o sur de Lugo

Dous Goya para o sur de Lugo

O actor Chechu Salgado, orixinario de Sober, gañou o Goya ao mellor actor revelación, e a compositora Zeltia Montes, do Saviñao, o Goya á mellor música orixinal.

Publicado o

- Advertisement -

A Gala dos Goya deste 2022, dirixida polo monfortino Dani de la Torre e celebrada este sábado 12 no Palau de les Arts de Valencia, pasará á historia por facer posible que dúas estatuiñas viñeran para nominados do sur de Lugo; concretamente para os concellos de Sober e O Saviñao.

O actor Chechu Salgado, de Sober, levou o premio Goya a mellor actor revelación polo seu papel de ‘El Zarco’ na película “Las leyes de la frontera” e a compositora Zeltia Montes, nacida no Saviñao, fíxose con outro Goya á mellor música orixinal polo filme “El buen patrón”.

CHECHU SALGADO

Chechu Salgado é un actor que leva unha traxectoria meteórica, sendo a serie da TVG Serramoura a súa primeira aparición televisiva co papel de Román Fiúza. A partir de aquí, e antes de Las leyes de la frontera, unha chea de traballos: a serie Fariña, La caza. Monteperdido, Servir y proteger, e xa no 2020 Patria.

Cando subiu recoller a estatuíña fixo un agradecemento expansivo, recoñeceu o seu nerviosismo e tivo palabras en galego para os familiares e amigos do seu entorno máis próximo. “Aos meus pais, aos meus irmáns e á miña sobriña Mara, que son o que máis quero do mundo”, foi unha emotiva frase dese momento no que a súa lingua saíulle espontaneamente.

ZELTIA MONTES

A outra afortunada da noite para o sur de Lugo foi Zeltia Montes. Falamos dunha compositora nacida no Saviñao e formada en Madrid pero con grandes traballos na nosa terra e premios importantes polo medio. No 2008 compuxo a súa primeira banda sonora e fíxoo para a película de Ignacio Vilar, Pradolongo. Por este traballo gañou, entre outros, o Premio Mestre Mateo á mellor música orixinal. Anos despois, no 2015, chegáballe outro Mestre Mateo, neste caso pola banda sonora doutro filme de Ignacio Vilar, A Esmorga. O seu asalto aos Goya comezou no 2017, sendo nominada á mellor canción orixinal polo documental Frágil equilibrio, e seguiulle no 2019 cando optaba ao premio á mellor música orixinal pola banda sonora do documental Desenterrando Sad Hill. Ao final, a estatuíña chegoulle este 2022 recibindo o Goya á mellor música orixinal polo fime El buen patrón, sendo ademais a primeira muller en acadalo.

Zeltia Montes. Foto: AISGE

Á hora dos agradecementos tamén tivo un apartado especial para os seus pais, recoñecendo a importancia do seu duro traballo para que ela puidese ter a formación que ten, base de éxitos como este galardón.

ÚLTIMAS

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha...

“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na vila do Asma

O Certame ten por obxecto promover labores de investigación na lingüística, a historia, a...

Bóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Á vista do aumento do cultivo de oliveiras na zona da Pobra do Brollón,...