HomeMovementos sociaisA xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

Impartirá a conferencia ‘Unha revolución con voz de muller. Por que molestan os nosos testemuños’ e chega da man da asociación chantadina Polamiúda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación ‘Polamiúda’ de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla ás 18.30 no Auditorio Municipal. A relatora será a recoñecida xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás e o título da súa conferencia: ‘Unha revolución con voz de muller. Por que molestan os nosos testemuños’. 

“A xornalista leva dende 2018 traballando o relato testemuñal das mulleres, primeiro lanzando o movemento #cuéntalo e dende agosto de 2023 recompilando vivencias de violencia machista que supón un arquivo de miles e miles de voces”, contan dende a asociación organizadora ao tempo que animan á asistencia afirmando que “é unha oportunidade irrepetible para todas e todos de deixar de mirar para outro lado”.

CRISTINA FALLARÁS

Cristina Fallarás é unha das figuras máis relevantes do Estado na loita contra a violencia machista e leva anos propiciando unha revolución de centos, milleiros de mulleres vítimas de violencia sexual.

O seu traballo evidencia que esta violencia é cotiá e permanece silenciada, polo que a maior revolución é dar voz a quen antes non a tiña.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...