InicioCulturaMonforte, Sober e Pantón celebran o ‘xoves de compadres’

Monforte, Sober e Pantón celebran o ‘xoves de compadres’

Facemos un breve repaso ao ambiente e ás elaboracións de compadres nestes tres concellos. Dende a concorrida convocatoria do Concello de Monforte na Praza de España, pasando por Sober e dando a coñecer tamén a celebración rural da asociación de veciños de San Román de Moreda.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Como xa é tradición, o Concello de Monforte convocaba o seu concurso de Xoves de Compadres nas súas diferentes categorías: barrios colectivo, barrios individual, centros de ensino colectivo, centros de ensino individual e Praza España individual. A temática predominante das elaboracións foi a pandemia.

O encontro foi na Praza de España, cun aspecto como nos vellos tempos e animación musical antes e despois de facerse públicos os diferentes premios. Chegado o momento, a concelleira de cultura, Marina Doutón, achegouse ao micrófono e comunicou o seguinte veredicto:

Barrios colectivo

Accésit – Os Minivirus, CEIP Colexio Novo, 50 €

Accésit – Os Cazavirus, CEIP Colexio Novo, 50 €

Accésit – A enerxía reforzada, Asociación Agora (centro de día), 50 €

2º – Os homes de Afamon nos campionatos de natación, AFAMON , 95 €

2º- Covid-Cobas, Asoc. Vec. Barrio de Cobas, 95 €

1º – Todo es verdad y todo es mentira, Asociación Prodeme , 120 €

Barrios individual

Accésit – Vaia lío de reforma, Asoc. Agora (centro de atención diurna ocupacional Infanta Elena-Agora), 25 €

2º – Tiempos de soledad durante el confinamiento, Peluquería internacional Matilde Corral López, 50 €

1º – Dakar 2023, Fundación Galicia O. Social, 75 €

Centros de ensino colectivo

Peregrinos a Santiago, Colexio A Gándara, 95 €

Marcho, que teño que marchar, Colexio Ferroviario, 120 €

‘Marcho que teño que marchar’, compadre do Colexio Ferroviario / XdL

Centros de ensino individual

Accésit- Vin polo aire, CEIP Novo, 25 €

Compadre CEIP Novo / XdL

–  Espantapandemias, ANPA Colexio Escolapios , 50 €

–  Pregoeiro Real, CEIP A Gándara , 50 €

Compadre Torre de Lemos, Fundación Torre de Lemos , 75 €

Torre de Lemos. Foto: L. Díaz

Praza de España individual

Todos sodes supernenos, Antón López González, 75 €

Etnografía. Quedou deserto.      

Crítica social. Mortos de frío e fame, Asociación A Pinguela, 120 €         

PARTICIPACIÓN DE ALBORES SÁUDE MENTAL

Este colectivo tampouco faltou á súa cita e, aínda que non participan no concurso por representar á corporación municipal dende hai dez anos, os seus traballos son de gran calidade. Nesta ocasión a temática foi “Rutas de sendeirismo polas parroquias” e cada boneco representaba a un ou unha concelleira cun breve texto crítico na parte frontal.

Compadre feito por Albores. Foto cedida.

A continuación de dar a coñecer os premios procedeuse a sacrificar os compadres no lume como marca a tradición. A propia concelleira de cultura, xunto con persoal do concello, foron tirando gran parte das elaboracións á fogueira que se fixo onde o cruceiro da Praza de España.

Tirando compadres ao lume / XdL

COMPADRES EN SOBER

Neste concello o tema que escolleron para este día fou o “Sober Fest”, unha celebración que tiña como actuación estelar aos “TANXUGUEIROS”, grupo que interpretou unha nova versión de ‘Terra’. Xunto a este cabeza de cartel tamén participan outros grupos que irán a Eurovisión.

CELEBRACIÓN RURAL EN SAN ROMÁN DE MOREDA

A asociación de veciños desta parroquia do Concello de Pantón recuperou a tradición do Xoves de Compadres no ano 2020 logo de levar máis de 50 anos sen celebrarse.

Tras o parón do ano 2021, por mor da pandemia, neste ano 2022 os veciños e veciñas fixeron unha versión propia do Festival de Eurovisión. Baixo o título de “EUROPANTON”, xurado e público divide os seus votos entre o grupo TANSOLTEIROS e o solista CHANIEL. Os favoritos do público eran os TANSOLTEIROS, pero o xurado outorgoulle a máxima puntuación a Chaniel, que se converteu no gañador do festival. 

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...