HomeCulturaO Pazo de Tor prepárase para "Soterradas"

O Pazo de Tor prepárase para “Soterradas”

A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo solicitou a colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para realizar unha renovación museográfica do Museo de San Paio de Narla e do Pazo de Tor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións que se levarían a cabo están incluídas en Soterradas, un proxecto global da Rede Museística Provincial centrado en recuperar e visibilizar a historia das mulleres que traballaron no servizo destes edificios, que foron centros de poder durante séculos, e que se configuraron como espazos culturais dentro da Rede Museística Provincial de Lugo.

Desde a área de Cultura presentouse convocatoria ás axudas destinadas a centros musesíticos de Galicia, co obxectivo de que a administración galega cofinancie unha iniciativa que “aposta por reforzar a mirada de xénero no discurso dos museos, pero tamén pola inclusión e a accesibilidade dos contidos e dos espazos e polo traballo en rede”

Ademais da renovación museográfica, o proxecto inclúe tamén a convocatoria de residencias artísticas que permitan seguir afondando, a través da creación artística, na recuperación da memoria das mulleres rurais, na liña de traballo doutros proxectos da RMPL como “Recolectoras. Memoria e Terra”.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, incidiu en que “buscamos a colaboración doutras administracións e o traballo en rede para seguir dinamizando os museos e para o mantemento e conservación duns edificios que son Bens de Interese Cultural”, lembrou.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...