HomeCulturaNoa Moreira presenta "Meteoro Imantado" o día 4 no Ateneo Casino

Noa Moreira presenta “Meteoro Imantado” o día 4 no Ateneo Casino

Na pasada Feira do Libro de Monforte de Lemos, que foi cancelada por mor da pandemia, a Libraría Agrasar tiña programada a sinatura de libros coa poeta de Salcedo, Noa Moreira. Cita que recuperan este venres, 4 de marzo, no Ateneo Casino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 4 de marzo, a partir das 20.00 h preséntase no Ateneo Casino de Monforte o poemario “Meteoro Imantado” de Noa Moreira editado por Editora Urutau. Haberá tamén un recital dos seus poemas cos asistentes que se animen a participar. Poderanse mercar exemplares do libro na propia presentación.

Noa Moreira naceu en Salcedo, A Pobra do Brollón, no ano 1985 e este é o seu primeiro poemario, do que Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020) escribiu a seguinte reseña: “Eu entro neste libro de Noa Moreira coma quen atravesa un cuarto propio, íntimo, un faiado que se abre por vez primeira, ateigado de soños delicadísimos, a piques de se esfarelar ao contacto do ar. Unha inmensa delicadeza que agocha unha forza cósmica, e unha forza cósmica que agocha unha inmensa fraxilidade. Perfecto espello da natureza humana, com plexa, poliédrica, sutil e bárbara a un tempo. Eu entro neste libro coma quen vai bicar un furacán e sabe que o corazón non sairá indemne, porque sempre a poesía, cando é verdadeira, transfórmanos ao seu paso.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...