HomeCultura"Iacobus Yspanias" o día 5 de marzo en Sober

“Iacobus Yspanias” o día 5 de marzo en Sober

O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado, día 5 de marzo, un concerto de Egeria, un ensamble vocal feminino especializado na interpretación da música medieval, cuxo repertorio está centrado especificamente no medievo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co seu traballo ‘Iacubus Yspanias’, Egeria propón romper as barreiras dun repertorio relegado ao esquecemento e maltratado pola historia,  redescubríndoo para o noso contexto contemporáneo. A actuación será no Centro Sociocultural as 19:00 horas con entrada gratuíta.

Desde a súa creación no ano 2017, o conxunto recibiu as mellores críticas dos maiores especialistas na materia, obtendo en 2020, o galardón ao Mellor Grupo de Música Medieval outorgado pola asociación de Grupos Españois de Música Antiga, XEMA. Ademais, foi un dos grupos seleccionados para participar no  International  Youth Music  Presentation, así como en  MusaE e a Rede de Mocidades Musicais.

Como homenaxe á viaxeira que lles dá nome, Egeria expón todos os seus programas de concerto como cadernos de viaxe, nos que poñen en relevo a paisaxe sonora da Europa medieval ofrecendo unha experiencia única e individual a cada oínte: a vivencia inigualable de descubrir un repertorio vinculado coa esencia máis fundamental do ser humano que poucas agrupacións se atreven a abordar, dunha maneira honesta e próxima, baseada sempre no rigor da investigación e a interpretación histórica.

Neste programa, recolleren testemuños dos tres destinos máis emblemáticos para a peregrinaxe medieval: Roma, Xerusalén e, por suposto, Santiago de Compostela. Partiren con destino a terras galas, pasan por terra de trobadores en Francia e encamíñanse cara a  Hispania. Tras cruzar os Pirineos, deteranse brevemente na cidade de Burgos, e finalizan o seu camiño en Santiago de Compostela. Con esta miscelánea de estilos e sons, queren evocar a paisaxe sonora destes camiños medievais, cosmopolitas e multiculturais.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...