HomeCultura"A lúa vai encuberta" o día 10 no Multiusos de Monforte

“A lúa vai encuberta” o día 10 no Multiusos de Monforte

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, en concreto este xoves 10 de marzo ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra para adultos A lúa vai encuberta, da compañía Incendiaria e A Quinta do Cuadrante.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A lúa vai encuberta” foi a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, certame no que o Concello de Monforte está integrado dende o seu comezo. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra. A venta de entradas será ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. Solicitarase o pasaporte Covid sendo obrigatorio o uso de máscaras.

Sinopse

Esta representación é un espectáculo arredor da realidade galega e da súa identidade, da confrontación co pasado recente e as súas contradicións.

A lúa vai encuberta leva a escena un texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Cigarreiras da compañía Contraproducións que terá lugar o xoves 24 de marzo no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados. Esta obra forma parte do programa de actividades deseñado polo Concello de Monforte e o CIM co gallo do 8M, Día internacional da Muller.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...