HomeCultura‘Poesía por un tubo’ para celebrar o ‘Día da poesía’ en Sarria

‘Poesía por un tubo’ para celebrar o ‘Día da poesía’ en Sarria

Este luns, 21 de marzo, os centros educativos da comarca reuniranse na Praza da Vila nunha ‘performance poética’ que conducirá Xurxo Souto.

Publicado o

- Advertisement -

A xuntanza, impulsada polo profesor Eduardo Rey e organizada pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández de Sarria, será ás 12:00 h. e conta tamén coa colaboración do Concello de Sarria.

O evento, enmarcado no Día da poesía e dedicado a Fiz Vergara Vilariño, celebrarase por primeira vez, tras suspenderse no 2020 por mor da pandemia, coa intención de reunir a todo o alumnado dos centros educativos de Sarria para recitar poemas del. Xurxo Souto, profesor de latín no IES Gregorio Fernández, será o condutor do acto que, segundo palabras del, representa unha auténtica “conmoción pangalaica poética”.

POESÍA POR UN TUBO

Máis de 400 rapazas e rapaces de todos os colexios e institutos participarán nesta gran “performance poética” bautizada como “poesía por un tubo”.

O propio Xurxo Souto, resumindo o que acontecerá este luns na Praza da Vila de Sarria, explícanos que “cun tubo de cartón, que cada un fixo para a ocasión lanzarán polos camiños do vento os versos de Fiz Vergara Vilariño;  neste tempo de desacougo, de tristura e violencia, un manifesto de vida, de palabra e de futuro… conmoción pangalaica poética en Sarria”.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...