HomeCultura"Cigarreiras" o día 10 no Multiusos de Monforte

“Cigarreiras” o día 10 no Multiusos de Monforte

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, este xoves 24 de marzo ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra para adultos Cigarreiras, da compañía Contraproducións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A representación de Cigarreiras enmárcase dentro do programa de actividades ideado polo Concello arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

Sinopse

No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Cigarreiras presenta unha releitura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna.

A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas entorno ao que xirarán esta releitura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto con un transfondo político onde se asiste ó ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público infantil e familiar programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Saga de flin Havardr da compañía Trécola Monicreques que terá lugar o xoves, 31 de marzo, no Edificio Multiusos ás 18 h. Esta obra forma parte do circuíto Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...