HomeCulturaO día 26 poxéctase na Pobra do Brollón "O gran camiño"

O día 26 poxéctase na Pobra do Brollón “O gran camiño”

Este sábado, 26 de marzo, arranca o Ciclo Mestre Mateo co filme O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo. A proxección será ás 20:00 na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Seguida de foliada con barra e pinchos, en colaboración coa Escola municipal de Música Samoeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ciclo Mestre Mateo é un programa impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón. A Academia pretende con este ciclo levar o máis destacado do audiovisual galego actual ás vilas galegas.

Proxectaranse ao longo do ano un total de 8 películas, todas finalistas da presente XX edición dos premios Mestre Mateo. A proxección que abre o ciclo, O gran camiño, foi finalista a mellor documental. O filme é narrado en primeira persoa polos directores Alba Prol Cid e Raúl García, dous cineastas que deciden emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo, entre eles, o Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, e tamén o Camiño de Santiago.

O percorrido é unha viaxe máis profunda que explora temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta ou o auto-coñecemento.

Despois da proxección, o Concello organiza a segunda foliada do ano en colaboración coa Escola de Música Samoeiro e músicas achegadas compostelás. Será na mesma Casa da Cultura e haberá pinchos e barra para consumir algunha bebida. A hora aproximada de comezo da foliada é ás 22:00h. O acceso tanto á proxección como á foliada posterior é de balde. Prégase reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...