HomeCulturaO Esmorga Fest abre abril en Sarria coa colaboración da Vicepresidencia da...

O Esmorga Fest abre abril en Sarria coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

O festival de música independente volve tras dous anos de parón forzado pola pandemia cun cartel formado por unha vintena de bandas, que levarán a música en directo á sala Litmar e á Unión este venres, 1 de abril e o sábado 2 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do festival, que “se converteu nun referente na programación de música independente no Estado apostando por bandas que logo despuntaron e demostrando que desde vilas pequenas coma Sarria tamén se pode estar na vangarda musical e cultural”, sinalou Efrén Castro no acto de presentación.

O deputado tamén valorou “a capacidade da organización do festival para involucrar a veciñanza na celebración do evento, poñendo en valor e dinamizando espazos como A Unión con propostas tan singulares como esa sesión vermú na que disfrutar da música en directo nun ambiente moi especial”,  sinalou Efrén Castro no acto de presentación.

A programación e o cartel do Esmorga Fest é a seguinte:

  • Venres 1 de abril. Litmar.
    La Paloma – Dharmacide – Pinpilinpussies – Boneflower – Le Temps du Loup – Rayotaser – Juanita Dinamita – John Axiom
    Apertura de portas ás 20:00 horas.
  • Sábado 2 de abril. La Unión
    Shego – Marta Knight – Vulk – El Chico lópez – Salífero (opus 4) – Don Gonzalo. A partir das 13.00 horas
    Sábado 2 de abril. Litmar.
    El Columpio Asesino – Le Boom – Cala Vento – The Haunted Youth – Apartamentos Acapulco – La élite – Pálida
    Apertura de portas ás 20.00 horas.

As entradas poden adquirirse na web esmorgafest.com e en dous locais da vila, Adarve e Xarope, a 35 euros, ou na taquilla, a 40 euros, os días do festival.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...