HomeCulturaA obra de teatro "As Desterradas" o día 3 na igrexa soberina...

A obra de teatro “As Desterradas” o día 3 na igrexa soberina de Lobios

A Libraría da Proencia organiza a presentación da obra de teatro As desterradas, de Carme Varela - premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2020. A cita será na igrexa de Lobios ás 11.30 do día 3 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A representación contará coa asistencia da autora da obra, Carme Varela, que presentará esta peza na igrexa dun antigo mosteiro feminino bieito que foi rexido por unha abadesa rebelde aos plans da Coroa de Castela de anexionar estes mosteiros a San Paio de Antealtares, temática da que trata As desterradas.

O acto terá lugar o domingo, 3 de abril de 2022, e comezará ás 11:30 h, concentrándose diante da capela da “Raíña dos Anxos”, en Lobios, moi cerca da igrexa románica. Dentro da igrexa de San Xillao de Lobios terá lugar a presentación, que rematará, se o tempo acompaña, cun pequeno paseo ata o souto do Tellada, de castiñeiros centenarios.

A actividade é gratuíta, sendo preciso anotarse por cuestións de organización no teléfono 674938803. Colaboran coa actividade as asociacións O Sorriso de Daniel e O Colado do Vento.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...