HomeCultura"A Virxe Roxa", documental gañador dos Mestre Mateo, este día 21 na...

“A Virxe Roxa”, documental gañador dos Mestre Mateo, este día 21 na Pobra do Brollón

Este xoves, 21 de abril, proxéctase na Pobra do Brollón, A Virxe Roxa, a película dirixida por Marcos Nine e gañadora do premio a mellor documental nos XX Mestre Mateo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proxección é a segunda das oito programadas dentro do Ciclo Mestre Mateo, que pretende levar o máis destacado do audiovisual galego actual ás vilas galegas. O programa é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

O filme “A Virxe Roxa” xira arredor dun suceso que conmocionou a España dos anos 30, ás portas da Guerra Civil, cando Aurora RodrÍguez Carballeira acaba coa vida da súa propia filla de 18 anos. A moza era Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España.

A proxección será este xoves 21 ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. O acceso é de balde

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...