HomeCulturaO xornalista de Samos, Luís Celeiro, Valedor do Camiño

O xornalista de Samos, Luís Celeiro, Valedor do Camiño

O xornalista, escritor e estudoso do Camiño de Santiago, Luís Celeiro Álvarez, será nomeado `Valedor do Camiño´, nun acto que se celebrará este sábado, día 23 de abril, ás 12,45 horas, na Igrexa do Mosteiro de Samos, a súa localidade natal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os veciños e as entidades xacobeas destacan os méritos de Luís Celeiro como estudoso, promotor e divulgador dos valores do Camiño de Santiago. A este nomeamento a proposta da Asociación de Comerciantes e Artesáns deste de Samos, sumáronse a Academia Xacobea, a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Asociación da Prensa de Lugo e a Asociación de Periodistas de Galicia.

Participan tamén e fan seu este nomeamento, a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, a Asociación Galega de Amigos do Camiño (AGACS), a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, a Asociación de amigos do Camiño na comarca de Sarria, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, a Asociación Abrindo Camiño de Amigos do Camiño Norte de Santiago, a Asociación Camiño Mozárabe.Vía Prata de Ourense, a Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, a Asociación Amigos do Camino de Santiago por Valdeorras, a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e o Instituto de Estudos Ulloáns.

Entrégaselle esta distinción ao xornalista “en recoñecemento dos seus méritos como estudoso, promotor e divulgador dos valores do Camiño de Santiago” e polo seu traballo nos eidos da comunicación, da investigación e da cultura, destacando especificamente a vinculación de Luís Celeiro coa súa terra e coas xentes de Samos e dos concellos limítrofes. E destacando tamén a súa implicación e traballo, co equipo do Conselleiro, Vázquez Portomeñe, para implementar aquel proxecto de dinamización cultural e socioeconómica de Galicia, o Xacobeo 93.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...