HomeCulturaO Concurso dos Maios volve a Monforte o día 5

O Concurso dos Maios volve a Monforte o día 5

O vindeiro xoves 5 de maio o Concello de Monforte de Lemos recupera o tradicional concurso dos Maios. Para elo, a concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello recupera así unha actividade que levaba anos sen celebrarse por mor da pandemia. Este ano haberá premios a cada un dos concursantes na celebración dos Maios 2022, 75 € por participante. “Queremos animar así á participación e que todos os que formen parte desta festa tradicional leven un merecido premio”, asegura o alcalde.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 4 de maio antes das 14:00 h.

Bases

Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen, e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio. Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75€. Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. reintegro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...