HomePolíticaTomé acode á estrea de Live is Life e o PP de...

Tomé acode á estrea de Live is Life e o PP de Monforte lamenta que non presidira o pleno das traballadoras do SAF

O Presidente asistiu este luns en Madrid á estrea nacional de Live is Life, do monfortino Dani de la Torre, película coa que colabora a Deputación. Mentres no concello de Monforte celebrábase o primeiro pleno presidido pola tenente alcalde, Gloria Prada, nunha xornada na que asistían ao pleno as traballadoras do SAF. Os populares consideran "inaceptable" a non presencia do alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este luns á estrea nacional da película Live is Life, do monfortino, Dani de la Torre, un pase que acolleron os cines Kinépolis Ciudad de la Imagen, en Madrid, e no que, xunto ao director, tamén estivo o equipo técnico e artístico do filme.

José Tomé felicitou a Dani de la Torre e a todas as persoas implicadas na produción Live is Life, que tivo a Ribeira Sacra entre os principais escenarios de rodaxe. Ademais, auguroulle moitos éxitos nas grandes pantallas, ás que chegará Live is life a partir deste venres, 3 de xuño.

A institución provincial colaborou, cunha achega de 100.000€, na rodaxe e produción da longametraxe. “Na última década, a Deputación colaborou con máis de 30 producións audiovisuais, o que demostra o noso claro apoio á industria audiovisual lucense e galega”, destaca José Tomé.

Tomé Roca salientou que o filme proxecta a espectacularidade das paisaxes da Ribeira Sacra, “onde se rodou a gran maioría da película, incluíndo localizacións de Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, Pantón ou Quiroga”. O mandatario provincial salienta o orgullo que supón para a provincia de Lugo “amosar a nosa riqueza patrimonial e paisaxística da nosa provincia, que aínda é unha gran descoñecida para moita xente”.

Pleno en Monforte

Pola súa banda o Partido Popular de Monforte lamenta que Tomé “prefira ir á estrea da película en Madrid que presidir o pleno e atender ás traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio. Está máis preocupado polo autobombo que de preocuparse polos veciños”.

“O alcalde debe de presidir todos os plenos sin excepción a no ser que non poida por causas de forza maior, pero faltar por asistir a unha preestrea parécenos unha tomadura de pelo a Monforte”, asegura Katy Varela.

As traballadoras acudiron á sesión, xa que na orde do día íase debater a renovación do seu contrato. O que procedía, segundo apunta Katy Varela, “era escoitar da voz do alcalde os motivos polos que aínda no se reuniu coas interesadas para solucionar este procedemento, sobre todo,” indica, “tendo en conta o seu pasado sindicalista”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...