HomeCulturaO primeiro Mercado Circular da Pobra do Brollón celébrase o día 11

O primeiro Mercado Circular da Pobra do Brollón celébrase o día 11

O Mercado Circular estará animado ao longo da mañá polo grupo de folk A Cadela Asasina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mercado Circular é unha nova iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a economía local, xusta e sostible. Ponse en marcha en xuño coincidindo coas dúas feiras do 11 e do 25, que este mes caen en sábado.

A primeira data é este sábado 11 en horario de 11:00 a 14:00 horas. Os postos montaranse na praza da Rúa da Peza, no centro da Pobra do Brollón. Haberá á venda produtos diversos como froita e verdura local, conservas, mel, viño e tamén artesanía e antigüidades.

Ao ser día de feira, haberá postos de polbo así como os habituais postos de roupa e alimentación.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...