HomeCulturaMinguante nos concertos na terraza do Círculo Saviñao

Minguante nos concertos na terraza do Círculo Saviñao

Minguante, o grupo formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez, volveu outro ano máis ó Círculo Saviñao para actuar no ciclo estival de concertos na terraza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desta presentaron novo disco, “A incrible historia dos homes minguantes”, que foron ofrecendo durante a tarde con temas do anterior disco de Miguel, “A noite dos cans”, e algunha versión de compositores admirados.

Achegaron tamén un novo libro de Miguel Alonso, “O caso dos amantes de París”, que continúa as pesquisas da estudiante de psicoloxía, Laura Mariño, coma no anterior “O caso Quintana”, detrás de asasinos no campus de Santiago de Compostela. Verdadeiramente recomendables discos e libros destes novos creadores, aseguran desde O Círculo Saviñao.

Próxima cita no Círculo Saviñao o 30 de xullo con Two in the Mirror.

ÚLTIMAS

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...

O Centro Comercial Ponte Vella dálle a benvida ao Nadal

O C.C. Ponte Vella dará a benvida á Nadal hoxe co acto simbólico de...

“Entre Bruxas” en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

No 2025, asociación e concello puxeron en marcha «Tempo de Bruxas», un encontro dedicado...