O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer na mañá deste mércores o programa completo das Festas Patronais 2022, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto na cidade .
Despois de dous anos sen Patronais Monforte volve a celebrar as súas Festas “que volven por todo o alto, e creo que van ser unhas festas para recordar”, destacou o Alcalde “porque volven despois da pandemia; porque vai haber máis días de festa, unha excepción que nunca houbo; e polo programa que está preparado para as Festas, cheo de concertos gratuítos, os fogos de San Vicente e do Río, pasarrúas (…)”
O día do Pregón será o día 10 de agosto, a cargo de Margarita Rodríguez Otero, e nesa xornada haberá concerto de Rocío Caamaño ás 22.30, na Praza de España.
-Xoves día 11:
- Orquestra PANORAMA
- Orquestra FINISTERRE
- Concerto de MARÍA DO CEO na Praza de España, co seu espectáculo “A Fadista”.
-Venres día 12:
- LA OREJA DE VAN GOGH
- Orquestra LOS SATÉLITES
-Sábado día 13:
- EDURNE
- GIN TONI´S
- MALENNE.
-Domingo día 14:
- ROSARIO
- Orquestra LOS PLAYER`S
-Luns día 15:
- FOGOS ARTIFICIAIS DENDE SAN VICENTE
- ANA MENA
- Orquestra COSTA DORADA
-Martes día 16:
- FOGOS ARTIFICIAIS DO RÍO CABE.
- MAGO DE OZ
- Orquestra ACORDES
Tamén durante a celebración das Festas Patronais, terán lugar as actuacións, entre outros, do Grupo de Batucada Creativa, do Grupo de Gaitas e Pandereteiras Os Xograres de Lemos, do grupo de Batucada Baturruca, e da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta, todos eles de Monforte, que amenizarán con pasarrúas as tardes dos días 11, 12, 13 e 16 de agosto.
O luns 15, terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.
Programa do verán cultural
O Alcalde destacou as principais novidades do Verán Cultural:
Gala Máxica Galega. O domingo 7 de agosto terá lugar esta gala de maxia, na praza de España, a partir das 22:30 h, coas actuacións do Mago Rafa e o Mago Iago entre outros.
Grupos de Monforte: Concertos na Rúa, Unha das principais novidades do Programa de Verán deste ano, será este ciclo de concertos, “no que apostamos decididamente por darlle protagonismo ós grupos monfortinos”.
- luns día 8 de agosto: Cero2cero e Cool Flanders, na zona da Compañía.
- martes 9 de agosto: Los Jinetes del Trópico, na Praza de España.
- martes 23 de agosto: Dinosaurios e Doc Magoo’s, na Praza da Estación.
- mércores 24: Penny Lane e Movilla y Los Irrepetibles, na Zona da Compañía.
- xoves 1 de setembro: The Poet Silence, na Praza da Estación.
- venres 2 de setembro: Ad Heira Liti e Deloreans, na Praza de España
Concertos en colaboración coa Deputación de Lugo que desenvolveranse na Praza de España:
- venres 12 de agosto: Banda de música de Vilalba
- s´ábado 13 de agosto: concerto do grupo monfortino Vera Lynn
- domingo 14 de agosto: Banda de Música de Antas de Ulla.
- martes 16 de agosto: Baile-concerto Banda de Acordeóns O Folión.
VIII Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”. Desenvolverase paralelamente ó longo das Festas Patronais, concretamente do 11 ó 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardenal. O programa do festival contará coa participación de 8 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, o clown, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.
Monforte Fusión. Outro dos ciclos que será novidade este ano, e no que tamén colabora a Deputación de Lugo, será o adicado a música de fusión, no que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing serán os estilos protagonistas. Terá lugar do 18 ó 20 de agosto, e os espazos que o acollerán serán a Praza de Abastos, a praza de Doutor Goyanes, a rúa do Cardenal, a praza dos Chaos, o Barrio da Estación, a Compañía e a Praza de España.
Ademais destas novidades, no programa de Verán Cultural non faltarán citas que xa son habituais nel como:
- Os Paseos en Barca polo Cabe, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
- A Exposición de Carteis do XXVII do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais, do 18 de xullo ó 16 de agosto.
- A 22ª Mostra Artelemos, do 5 ó 9 de agosto.
- O Festival Carude Rock, o 5 de agosto.
- A Feira de Oportunidades de Verán, o 20 e 21 de agosto.
- A Festa da Empanada de Ribasaltas, o 21 de agosto.
- A XXIII Feira do Libro de Monforte, do 24 ó 27 de agosto.
- O venres 2 de setembro o Concello conmemorará o 25 aniversario da Coral Polifónica do Concello de Monforte, cunha serie de actos que anunciaremos no seu momento.
- O XXI Festival de Habaneras e o Festival do Paradiso, ambos o sábado 3 de setembro.
- A Xornada Europea da Cultura Xudía, o 4 de setembro.
- E a Festa do San Mateo o mércores 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.
“Tanto as Festas Patronais como o Programa de Verán son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven durante o verán, especialmente durante as Festas Patronais”, destacou o alcalde.
O rexedor monfortino sinalou que “Creo que este ano, as Festas Patronais teñen probablemente o mellor programa musical en moitos anos, tanto no que se refire ós concertos, como o que se refire ás orquestras que acompañan ás actuacións principais, que os veciños e veciñas de Monforte e de fóra da cidade teñan a certeza de que hai unha liña de continuidade relativa á variedade e á calidade das nosas Festas, liña que recuperamos tras o parón de dous anos motivado pola pandemia”.
José Tomé concluíu a súa intervención desexando a todos os monfortinos e monfortinas unhas felices Festas, e tamén a todos aqueles que visitan o Concello, e animounos a todos a participar e a disfrutar activamente nelas.