HomeCulturaInaugúrase en Láncara a Casa Museo Ángel Castro

Inaugúrase en Láncara a Casa Museo Ángel Castro

A Casa Museo Ángel Castro, Centro de Interpretación da Emigración Galega, abre as súas portas co impulso da Asociación de Amistad y Solidaridad Láncara – Cuba, á que os familiares de Ángel Castro Argiz lle cederon a súa casa natal para poñer en marcha esta iniciativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao acto asistiron o embaixador de Cuba en España, Marcelino Medina; o presidente da asociación Amistad y Solidaridad Láncara – Cuba, Antonio Rubén Sobrado Carballo; familiares de Ángel Castro e representantes de institucións públicas e entidades da provincia, como o delegadoo territorial da Xunta, Javier Arias e o presidente da Deputación, José Tomé Roca.

Arias felicitou aos promotores “por facer realidade este museo”, que presta especial atención ao país caribeño e salientou que o centro “nace como unha homenaxe aos galegos que hoxe viven en 147 países do mundo e moi especialmente á impronta galega en Cuba, onde actualmente hai máis de 46.600 persoas de orixe galega, das que aínda quedan 350 nacidas en Galicia”.

O delegado fixo fincapé nas liñas establecidas pola Xunta para fomentar o regreso dos galegos no exterior, con medidas como as bolsas Excelencia Xuventude Exterior, as axudas para facilitar o acceso a unha vivenda ou as achegas ao emprendemento, que só no último ano contribuíron a consolidar máis de 100 novos negocios na Comunidade promovidos por emigrantes retornados.

Pola súa banda Tomé Roca subliñou que a Deputación de Lugo pon en valor a cultura do rural e impulsa os equipamentos culturais no rural, “porque a cultura ten un valor en si mesma, pero é tamén un factor esencial para o desenvolvemento económico do noso territorio e un elemento clave nas políticas fronte ao reto demográfico”. “Para frear o despoboamento, debemos actuar dun modo transversal, atendendo aos factores demográficos, fomentar o emprego e a actividade económica, e, por suposto, garantindo uns servizos públicos básicos, en materia de sanidade, de educación, de atención á terceira idade ou de dependencia, que sexan próximos, universais e de calidade”, asegurou o mandatario provincial.

Casa Museo Ángel Castro inauguración / Delegación Territorial

Explicou, “para manterse vivo, o rural necesita tamén integrarse nos circuítos culturais, con centros de interese, como esta Casa Museo, que manteñan viva a memoria, que estimulen o orgullo de pertenza e que actúen como un punto de atracción de ese turismo que cada vez aporta un maior valor social e económico ao noso rural”.

José Tomé sinalou que todos os museos teñen o seu propio carácter, “pero este é, sen dúbida, un museo especial, porque Cuba ocupa un lugar especial no corazón dos lucenses, e dos galegos e galegas”. “Sabemos que ao longo do século XX chegaron a Cuba uns 378.000 galegos e galegas, o que representa o 45% da emigración española á illa nese período, e Lugo foi a provincia galega que maior capital humano aportou”, lembrou.

ÚLTIMAS

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...

Monforte espera un gran Desfile de Martes de Entroido tras confirmar 1.296 inscritos

O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de...

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...