HomeCulturaGelín inaugura no Círculo Saviñao que este sábado ten concerto de Sergio...

Gelín inaugura no Círculo Saviñao que este sábado ten concerto de Sergio Alba

O artista monfortino Gelín presenta por segunda vez a súa obra pictórica no local social do Círculo Saviñao, que este sábado a partir das 20.00 ten concerto de Sergio Alba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A selección de obras que Gelín leva ao Círculo Saviñao presenta un estilo
totalmente distinto do da primeira época. Gelín pasou de crear abstractos
e traballar coa cor, fundamentalmente con óleo, a traballar sobre todo
retratos en branco e negro con pintura acrílica e tamén con viño Mencía
-máis ou menos oxidado- da Ribeira Sacra.

Estivo acompañado por amigos e socios do Círculo que valoraron
positivamente a evolución do estilo de Gelín. A exposición pode visitar ata o 3 de setembro.

Este sábado, día 13 de agosto, o Círculo ofrece tamén un concerto de Sergio Alba ás 8 da tarde. O artista presentarán versións dos anos 90.

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...