HomeCultura25 anos da Coral Polifónica do Concello de Monforte a exposición na...

25 anos da Coral Polifónica do Concello de Monforte a exposición na casa da cultura

A mostra percorre os 25 anos de historia da Coral a través de carteis e fotos das actuacións máis destacadas, dípticos dos programas musicais, referencias a grupos e corais coas que se fixeron concertos conxuntos, agasallos e outros materiais relacionados coas máis de 240 actuacións da Coral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra conmemorativa permanecerá exposta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o 9 de setembro.

A exposición tamén conta cun vídeo recopilatorio de hora e media de duración, que recolle as principais actuacións da Coral ó longo destes 25 anos de historia.

Esta exposición forma parte das diversas actividades que o Concello organiza para conmemorar este 25 aniversario da Coral, efeméride que se cumpriu o pasado ano pero que, debido á incidencia da Covid-19, decidiuse conmemorar unha vez a pandemia o permitiu. O venres, 2 de setembro, na Casa da Cultura, a partir das 19:30 h celebrarase outro acto especial de conmemación.

XXV anos da Coral Polifónica de Monforte

A Coral foi fundada en marzo de 1996, sendo o seu primeiro director, Xoan Antón Vazquez Casas. En maio de 1997, faise cargo Fernando Sanmartino Pérez, que na actualidade compaxina a dirección da Coral coa actividade de director do Conservatorio e da Banda de Música do Concello de Monforte.

A Coral está integrada actualmente por 50 voces mixtas e seu repertorio inclúe Música Sacra, Música Popular Galega, Panxoliñas, Habaneras, etc.

Nestes 25 anos de historia, a Coral realizou un total de 238 actuacións, das cales 143 foron na cidade de Monforte e 81 repartidas entre localidades de Galicia (como Cee, Ribadeo, Marín, Pontedeume, Mondoñedo, O Grove), Asturias (Cudillero, Mieres, Villaviciosa, Candás) ou Castela e León (Zamora, León). Tamén destacan as 14 prestixiosas actuacións en diversos países europeos como Suíza, Francia, Italia, Dinamarca, Alemania, Suecia, Bélxica ou Portugal.

Coral Polifónica de Monforte / concello de Monforte

En música Sacra, destacan as súas actuacións na Catedral de Tui, en Nosa Señora das Neves, ou en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. No ano 1999 gravou o seu primeiro CD de polifonía variada.

O Concello de Monforte colabora estreitamente coa Coral Polifónica a través de diversas liñas de actuación, proporcionándolle un local de ensaios, no Edificio Multiusos, aportando a figura do Director da Coral, sufragando as súas saídas para a realización de concertos, para a súa participación no programa ”Europeades”, ou os intercambios con outras corais e adquirindo o material que necesitan para desenvolver a súa actividade.

Do mesmo xeito, froito desta colaboración, a Coral participa anualmente en concertos e actividades organizadas pola nosa Concellería de Cultura: concertos de Nadal, Habaneras, Festas Patronais, así como outros concertos institucionais, relixiosos, interpretacións en inauguracións e diferentes actividades culturais, sociais e educativas do Concello.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...