HomeCulturaConcerto en Monforte dos Xograres de Lemos este 26 de agosto

Concerto en Monforte dos Xograres de Lemos este 26 de agosto

Este venres, 26 de agosto, a partir das 22:30 h., a praza de España de Monforte acollerá o concerto de Os Xograres de Lemos, dentro do programa de actividades do Verán Cultural organizado polo Concello monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto deste venres amosará o traballo musical de dúas das agrupacións destacadas da Asociación Xograres de Lemos.

Por unha banda, actuará o Orfeón Xograres de Lemos, formado por integrantes de Monforte así como de toda a comarca de Lemos. Este Orfeón está composto por un gran número de voces mixtas, acompañado con variedade de instrumentación, como as gaitas, saxofón, acordeón, percusión, baixo eléctrico e pandeiretas.

O repertorio estará formado por composicións propias da directora Beatriz Vázquez, ademais de arranxos de temas coñecidos. É un estilo tradicional pero adaptado ós tempos actuais, sen afastarse das raíces da zona. A formación leva 9 anos levando a cabo actuacións.

A outra formación destacada do concerto será a Batucada Aikirindo. Trátase dunha agrupación orixinal, formada por uns 20 integrantes, na que se incorporan instrumentos melódicos como a gaita ou o teclado, ademais da percusión. Son todos arranxos propios da directora Beatriz Vázquez de temas coñecidos e  con toques celtas. Este grupo leva 4 anos en funcionamento.

Esta actividade está organizada polo Concello monfortino e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...