HomeCultura“A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia” a exposición...

“A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia” a exposición na Praza do Mercado de Chantada

A Praza do Mercado de Chantada acollerá ata o vindeiro 3 de outubro esta mostra que relata a historia da compra, restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inauguraron en Chantada a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia”, que nos últimos meses está a percorrer a xeografía lucense co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A exposición chega Chantada tras pasar por Lugo, Monforte, Ribadeo, Foz e Vilalba. Unha itinerancia que a vicepresidenta da Deputación de Lugo valorou como “unha mostra de colaboración entre as distintas institucións e o asociacionismo para reivindicar a Rosalía de Castro como referente cultural pero tamén como muller comprometida socialmente e pioneira do feminismo” e animou á veciñanza da vila e da comarca “a achegarse a exposición, que dá conta do poder mobilizador da figura de Rosalía e da súa obra en pleno franquismo”.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, aproveitou a súa intervención para afondar nos contidos dos paneis da mostra: textos e reproducións de documentos e fotografías que marcan os fitos que converteron a apertura da Casa da Matanza nunha “vitoria común” do galeguismo e que se presentan nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa.

A mostra, comisariada por Pepe Barro, autor da última renovación museolóxica da Casa-Museo de Rosalía de Castro, artéllase en seis capítulos:

– A casa e o tren: o porqué da elección da morada
– Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885
– Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940
– A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.
– O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”
– A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos.

“A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia” en Chantada / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...