No Camiño, As imaxes que viron os peregrinos é unha exposición itinerante formada por dez paneis nos que se recompilan imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, acompañadas de textos literarios. A mostra está a percorrer diferentes concellos galegos polos que transcorren as rutas xacobeas.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na Casa da Cultura de Sober na inauguración, esta semana, da mostra. Acto no que tamén estiveron o alcalde de Sober, Luis Fernández, e o presidente da entidade organizadora, Xulio Xiz.