HomeCulturaRemata en Sarria a ‘Mostra de Teatro Iván Tourón Morais’

Remata en Sarria a ‘Mostra de Teatro Iván Tourón Morais’

Unha obra infantil e outra para todos os públicos poñerán fin a un mes de teatro esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 14 de outubro, ás 17:30 h. a Casa da Cultura acollerá “Saga de Flin Havardr”, unha peza infantil de Trécola Producións.

Eran as sagas unhas cantigas á heroicidade dos grandes guerreiros vikingos, fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e denostadas polo clima do norte, para zarpar nos seus drakar e conquistar outros pobos na procura de alimentos e tesouros. Non é o caso de Flin Havardr… un pastor que tras albiscar nun sono as súas proezas como vikingo, emprendeu unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación canto menos peculiar, non especialmente fortes nin valentes, pero si sobrados de creatividade. Tras moitas aventuras, conseguirán chegar á mellor de todas as terras a conta da morriña dun dos seus tripulantes. Queda por ver se conquistarán ou serán conquistados.

Cartel do espectáculo

E xa o domingo, 16 de outubro, ás 20:00 h. preséntase na Casa da Cultura unha obra de Alentía Teatro para todos os públicos baixo o título de “No fío das historias”.

O fío das historias presenta, desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, historias que invitan a reflexionar sobre valores como a cultura da paz, o respecto ao medio ambiente, a solidariedade, a empatía, a integración, a liberdade…

O humor percorrerá o escenario e provocará que o público transite por escenas para rir, para interactuar, para xogar, para ver… Personaxes disparatados como a Raíña mirona, o Monstro do lixo, ou Pallaso despista, procurarán que un monllo de sorrisos habite no patio de butacas. Unha historia cargada de maxia, de luz, de imaxinación e creatividade que nos axudará a desfrutar intensamente.

ÚLTIMAS

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...