HomeCulturaA Casa da Cultura converterase no "cinema" de Sarria

A Casa da Cultura converterase no “cinema” de Sarria

Este 21 de outubro comeza o ciclo de cinema infantil e o 23 poderá verse o documental “Elias Valiña. O inventor das frechas amarelas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 21 de outubro, comeza a tempada de cinema na Casa da Cultura de Sarria coa proxección de ‘O Rei León’ ás 17:30 h.

Esta película será a primeira dun ciclo pensado para a cativada que levará varios títulos á pantalla grande ata o 25 de novembro. Os seguintes filmes serán ‘Coco’, o 28 de outubro; ‘A Bela e a Besta’, o 4 de novembro; ‘Buscando a Nemo’, o 11 de novembro; ‘Monstros SA’, o 18; e ‘Ratatuille’ o 25.

DOCUMENTAL

O vindeiro domingo, 23 de outubro, a Casa da Cultura acollerá ás 20:00 h. a proxección do documental “Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas”.

Trátase dun documental de 40 minutos de duración dirixido por Aser Álvarez e producido por Acude Rural co apoio de Arraianos Produción.

No traballo audiovisual faise un percorrido pola vida e as obras de Elías Valiña, o crego do Cebreiro, divulgando o seu papel esencial coma un dos principais precursores do asociacionismo xacobeo, pioneiro nos estudos e na sinalización do Camiño de Santiago, así coma un actor fundamental no rexurdimento contemporáneo do fenómeno das peregrinacións a Compostela.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...