HomeCulturaXurxo Souto estará na presentación da Festa da Pisa

Xurxo Souto estará na presentación da Festa da Pisa

Será o vindeiro sábado 29 de outubro en Froxán ás 18:30 h.

Publicado o

- Advertisement -

O polifacético Xurxo Souto, cantante, acordeonista, actor, director e locutor de radio, visitará o Courel a vindeira fin de semana para asistir ao acto de presentación da Festa da Pisa 2022.

A Casa da Aira acollerá este evento, –organizado pola Asociación Fonte do Milagro— a partires das 18:30 h. e nel darase a coñecer a programación da XXII Festa da Pisa de Froxán de xeito oficial de cara á súa celebración o sábado 3 de decembro.

A continuación terá lugar unha conversa con Xurxo Souto, un habitual desta festa na que ademais xa foi pregoeiro, e ao remate farase un magosto no que non faltará a música tradicional.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...