HomeCulturaUn outono moi activo en Quiroga

Un outono moi activo en Quiroga

O concello programa unha chea de actividades para todos os públicos onde as posibilidades para a formación e para o lecer son amplas e moi variadas.

Publicado o

- Advertisement -

Os veciños e veciñas de Quiroga e dos arredores non se poden queixar coas alternativas que ofrece o concello para gozar dun outono activo grazas ás actividades que se presentan: obradoiros, cursos, clases de benestar persoal, concursos, deportes, excursións, festas…

A programación está integrada por propostas que ofrece na súa maioría o Concello de Quiroga a través das súas diferentes áreas: Área de Educación e Infancia, Área de Xuventude, Área de Igualdade e Benestar, Área de Cultura e Área de Deportes, e tamén a través da colaboración con profesionais ou colectivos que son os que propoñen as actividades.

Este mes de outubro, por exemplo, os interesados e interesadas teñen un obradoiro de cestería, un taller de memoria, un curso de monitor de tempo libre e outro de estimulación cognitiva e diferentes clases: de ximnasia, de ioga, de pintura, de música, de galego, de inglés para maiores e pequenos, de informática, de baile tradicional galego, de preparación de graduado en E.S.O. e de teatro.

Outras propostas interesantes programadas para este mes, e relacionadas co coñecemento da contorna, son a actividade infantil “un paseo polo souto”, coa colaboración da empresa quiroguesa Caurelor, e a excursión “Territorio Proxecto Xeoparque Montañas do Courel” a través da Área de Igualdade.

Para os amantes do deporte, a Área de Deportes ofrece este ano fútbol xuvenil, fútbol senior, fútbol sala, voleibol e taekwondo.

No apartado de conmemoracións, hoxe celébrase no Centro Social o “día internacional dos maiores” con chocolatada e baile, o día 19 para conmemorar o “día mundial contra o cancro de mama” terá lugar unha andaina contra o cancro de mama e os días 20 e 27, co gallo do “día das bibliotecas”, faranse dúas actividades na Biblioteca a través do Ciclo Ler Conta Moito da Xunta.

E rematando outubro, o día 31 hai unha Festa do Samaín para nenos e nenas.

 

 

 

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...